Sunday 28 de April de 2024

A Xunta colabora coa Deputación da Coruña e o concello de Santiago na dotación de equipamento para a Agrupación de Protección Civil


O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda; o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; e o presidente da Deputación coruñesa, Valentín González Formoso asinaron hoxe o acordo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou esta mañá co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo; e co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, un convenio de colaboración para a adquisición dun vehículo todo camiño, un todo terreo e un furgón de emerxencias destinado á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) da cidade, no que a Xunta inviste 55.000 euros. Ao acto tamén acudiu o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva.
“Contribuímos entre as tres administracións para mellorar a dotación de servizos fundamentais”, sinalou o vicepresidente, quen destacou que a atención ás emerxencias é sempre un servizo vital, e máis especialmente durante o próximo Xacobeo 2021. Así, puxo en valor que a colaboración entre administracións permite poñer máis e mellores servizos a disposición da cidadanía.
Con respecto ao convenio, Rueda destacou que este acordo mellora o equipamento da agrupación da capital galega e axuda, ao mesmo temo, a que “todo estea preparado” para o próximo Xacobeo 2021.
Precisamente, de cara ao próximo ano, o Goberno galego está consensuando un novo Plan sectorial de protección civil de atención ao peregrino. Nesta mesma liña de prepararse para o próximo Ano Santo, o vicepresidente primeiro puxo en valor tamén a recente aprobación dun Plan de sostibilidade turística para Santiago de Compostela, que vai axudar a orientar aos fluxos turísticos e contribuirá a imaxe de Galicia como destino seguro.